Pallón, casa de
Pallón, casa de
Construción situada en Ourol (Guntín). Datada a principios do s XVIII, aínda que con reformas posteriores, ten planta de forma cuadrangular e un andar. Presenta cuberta a catro augas e unha cheminea de boas proporcións. Ten un hórreo, un pombal e unha capela familiar de planta rectangular, construída en 1766.