palmeira

palmeira

(< palma)

  1. s f [PLANTA]

    Nome que reciben as plantas da familia das arecáceas. Adoitan ser árbores que constan dun tronco ou estípite simple e esvelto, coroado por un penacho de follas grandes pinnatisectas ou palmatisectas.

    Sinónimos: palma.
  2. palmeira africana [PLANTA]

    Árbore de ata 20 m de altura, que presenta follas pinnadas, inflorescencias agrupadas e froitos drupáceos ovoides. É orixinaria de África occidental e dela obtense o aceite de palma.

  3. palmeira anana [PLANTA]

    Árbore ou arbusto dioico, normalmente baixo, de 3-4 m de altura, que presenta follas gordas, en forma de abano, palmatisectas, con pecíolos provistos de espiñas ferintes, flores en acios densos e froitos baciformes monospermos, semellantes aos dátiles. Florece en primavera, entre marzo e abril. Habita principalmente zonas do litoral ou preto delas, ata os 1.000 m de altitude. É a única palmeira autóctona de Europa, cunha área de distribución mediterránea occidental. Cultívase con frecuencia como planta ornamental. Os corazóns son comestibles e coas follas fanse vasoiras e obxectos de cestaría.

  4. palmeira datileira [PLANTA]

    datileira.

  5. palmeira das Canarias [PLANTA]

    Árbore dioica, de ata 20 m de altura, que presenta tronco groso, follas pinnadas dunha cor verde escura brillante, moi numerosas e de pecíolo moi curto, con espiñas verdes, flores unisexuais de cor branca violácea, e froitos elipsoidais en baga monosperma. É orixinaria de Canarias, e en Galicia é moi frecuente en parques e xardíns.