pálpebra

pálpebra

(< lat palpĕbra)

s f [ZOOL]

Cada unha das estruturas accesorias externas que protexen os globos oculares dos vertebrados terrestres da desecación e das partículas estrañas. Hai unha superior e unha inferior, e nos réptiles e nos paxaros hai outra transversal, a membrana nititante, que se despraza de dentro cara a fóra e é transparente. OBS: Tamén se denomina capela do ollo.

Palabras veciñas

palpación | palpadela | palpar | pálpebra | palpebrado -da | palpebral | palpebrite