Pampillón, pazo de

Pampillón, pazo de

Construción situada en Vilaza (Gondomar). Presenta planta en forma de L, cun corpo baixo engadido. Realizado con granito enfoscado nalgunhas partes, na fachada N ten unha escaleira que desemboca nun patín e se prolonga nunha balconada. Ten unha pequena solaina e un hórreo.