Panamá, canal de

Panamá, canal de

Canal de América Central que une os océanos Atlántico e Pacífico, cunha lonxitude de 79,6 km e unha profundidade de 12,5 a 13,7 m. Emboca no Atlántico pola baía de Limón, entra en terra firme e durante 12 km e prosegue a nivel do mar ata o encoro de Gatún. Atravesa o lago artificial de Gatún para despois pasar polo lago e as esclusas de Miraflores. En 1850 Reino Unido e EE UU asinaron o Tratado de Clayton-Bulwer para neutralizar o futuro canal de Nicaragua ou de Panamá, a punto de ser iniciado polos ingleses. En 1878 o goberno colombiano negociou cun empresario francés, Lucien Wyse, a apertura dun canal. A Compañía Universal do Canal Interoceánico comezou as obras en 1881 baixo a dirección de Ferdinand-Marie de Lesseps. A operación fracasou (1889) e provocou un forte escándalo financeiro en Francia. EE UU pactou en 1903 co goberno colombiano a cesión de 8 km a ambas as dúas beiras do canal, polo Tratado de Hay-Herrán. O senado colombiano negouse a ratificar o tratado, e entón EE UU facilitou a secesión de Panamá e obtiveron as concesións esixidas a través do Tratado de Hay-Bunau-Varilla de 1903. As obras comezaron en 1904 e foi inaugurado en 1920. O 31 de decembro de 1999 foi entregado a Panamá.

Palabras veciñas

Panamá | Panamá | Panamá | Panamá, canal de | Panamá, golfo de | Panamá, istmo de | Panamá, zona do canal de