panca

panca

(

  1. s f [FÍS]

    Máquina simple que pode esquematizarse nunha barra ríxida, móbil arredor dun punto de apoio ou fulcro, que permite vencer un esforzo, denominado resistencia, ao aplicarlle outro, denominado potencia. Segundo a posición relativa dos puntos onde se apliquen a potencia e a resistencia e o punto de apoio, as pancas clasifícanse en tres xéneros diferentes: na panca do primeiro xénero, o punto de apoio sitúase entre os de aplicación da potencia e da resistencia; na do segundo, a resistencia aplícase entre o punto de apoio e o de aplicación da potencia; e na do terceiro, a potencia aplícase entre a resistencia e o punto de apoio. A lei física que rexe para calquera xénero de panca xa foi enunciada por Arquímedes, e di que o produto da forza (potencia) polo brazo de potencia é igual ao produto da forza (resistencia) polo brazo de resistencia. A ganancia mecánica dunha panca defínese como o cociente entre a forza “resistencia” e a forza “potencia”.

  2. s f

    Barra que serve para accionar un mecanismo.

  3. s f

    Pau groso que serve para levar un peso entre dous ou para sostelo entre dous puntos de apoio.

  4. s f [MAR]

    ara longa con que se moven embarcacións en lugares pouco profundos.

  5. s f

    Temón do arado.

  6. s f

    Superficie plana e horizontal, elevada sobre o nivel da auga, desde a que salta un nadador.

Formas incorrectas

palanca

Palabras veciñas

panateneo -a | panática | Panay | panca | pancada | pancada | pancadoira