panel

panel

(< fr panel)

  1. s m

    Taboleiro ou plafón de gran superficie que se emprega en diversas aplicacións técnicas, construtivas ou arquitectónicas.

    1. s m

      Taboleiro de diversos materiais que se emprega para amosar información de cara ao público.

    2. s m

      Taboleiro que contén os mandos e os indicadores de información para o uso correcto dunha máquina de instalación.

    3. panel direccional

      Dispositivo de guía formado por unha prancha metálica plana cunhas puntas de frecha debuxadas, que prohibe o paso e informa sobre o sentido de circulación que hai que seguir.

  2. s m [MAR]
    1. Conxunto de táboas situadas a babor e a estribor, nas embarcacións de remos, que serven de asento aos que vogan.

    2. Compartimento das lanchas pesqueiras onde se baleira o peixe que se recolleu coas redes e cos aparellos.

  3. panel luminescente/electroluminescente [TECNOL]

    Aparato de iluminación que consiste nunha placa de materia plástica recuberta dunha substancia fluorescente que produce luz por electroluminescencia ao aplicarlle unha tensión eléctrica.

  4. panel radiante [TECNOL]

    Elemento de calefacción que consiste nunha gran superficie que se mantén a unha temperatura moderadamente elevada e quenta un cuarto ou unha sala por radiación.

  5. panel solar [TECNOL]

    captador solar.

Palabras veciñas

1 paneira | 2 paneira | paneiro -ra | panel | panela | Panellus | panenteísmo