pangolín
pangolín
(
s
m
[ANIMAL]
Mamífero que pertence aos xéneros Manis e Phataginus, da familia dos mánidos e que presenta a cabeza, o lombo, a cola e a cara externa das patas recubertos de escamas epidérmicas colocadas a xeito de tellas. A cabeza é pequena e a lingua longa, estreita e protráctil, coa que captura formigas e térmites, e carece de orellas e de dentes. É un animal lento, con potentes garras nas patas anteriores e que se despraza sobre as patas traseiras empregando a cola como contrapeso e pode envolverse sobre si mesmo formando unha bóla. Comprende 7 especies de distribución africana (zona tropical) e asiática (zona suroriental).