Panteón de Galegos Ilustres

Panteón de Galegos Ilustres

Panteón situado na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Acolle as tumbas dalgúns dos máis destacados personaxes galegos do campo político, literario e artístico. A iniciativa xurdiu dos emigrados en Cuba, que contactaron con Xoaquín Díaz de Rábago, presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, para que os restos de Rosalía de Castro fosen os primeiros en trasladarse ata o lugar, feito que ocurreu o 25 de maio de 1891. Posteriormente, trasladáronse as cinsas de Alfredo Brañas e alí foron enterrados Francisco Asorey, Ramón Cabanillas e Domingo Fontán. O 28 de xuño de 1984 os restos de Afonso R. Castelao foron trasladados ata a antiga capela do Santo Cristo.

Palabras veciñas

pantelegrafía | pantelégrafo | panteón | Panteón de Galegos Ilustres | Panteón de Roma | Panteón Real ou capela das Reliquias | pantera