pantoténico, ácido

pantoténico, ácido
Nome científico: [N(2,4-dihidroxil-3,3-dimetilbutiril)-&#946;-alanina: C<sub>9</sub>H<sub>17</sub>NO<sub>5</sub>]
[QUÍM]

Compoñente do complexo vitamínico B. É o factor antidermatítico do polo e un factor de crecemento de lévedos e bacterias. É compoñente do coenzima A e como tal intervén no proceso metabólico dos glícidos, e tamén é necesario para a síntese de ácidos graxos, esterois e hormonas esteroides. É un líquido aceitoso amarelo, soluble na auga e nos disolventes orgánicos. Emprégase en medicina e en nutrición en forma de sal cálcico.

Palabras veciñas

pantoque | pantorra | pantotenato | pantoténico, ácido | pantoterio -ria | pantrigo | pantropical