paporrubio
paporrubio
(
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da orde dos paseriformes, que se caracteriza por ter unha mancha vermella no peito.
Sinónimos: paporroibo. -
paporrubio común
[ANIMAL/ORNIT]
Ave duns 14 cm, que ten o peteiro, a gorxa, as fazulas, o peito e a fronte rubia, as partes superiores gris ou marrón oliva e as inferiores brancas. O seu canto caracterízase por unha serie de chíos curtos e agudos, con intervalos máis longos no inverno. Entre os reclamos inclúese un tic persistente, as máis das veces rápido e repetido. Aliméntase de diversos tipos de invertebrados e dalgún froito tipo baga. A súa presenza é común en fragas, xardíns e cultivos. É fortemente territorial e habita en toda Europa, excepto Islandia, ao N de Escandinavia e as Illes Balears. En Galicia é moi común.
-
paporrubio real
[ANIMAL/ORNIT]
cardeal común.