parachoques
parachoques
(< 2 parar + choque)
-
s
m
[TRANS]
Cada unha das pezas montadas na parte anterior e posterior da carrocería dun vehículo automóbil para protexelo contra os choques de pouca importancia. É o elemento máis saínte da estrutura e, nos vehículos pesados, consiste nuns perfís de aceiro; nos turismos modernos adoita estar formado por unhas pezas moldeadas en plástico, poliéster ou noutro material, de gran resistencia aos impactos.
-
s
m
[TRANS]
Cada un dos dispositivos, que van colocados nunha sólida construción metálica ou de obra ao final dunha vía férrea, para deter os trens, os vagóns ou as locomotoras se a freada é insuficiente.