paraconformidade
paraconformidade
(
s
f
[ESTRATIG]
Tipo de desconformidade en que a superficie de separación das dúas series estratigráficas concordantes ou paralelas non é arroiada por unha erosión antiga, senón que se manifesta unicamente por unha superficie de descontinuidade que se pode confundir coas outras superficies de estratificación. Unha paraconformidade representa, daquela, unha ruptura e un hiato dentro do rexistro estratigráfico e un lapso máis ou menos longo de ausencia de sedimentación.