parada
(< 2 parar)
-
s
f
Acción de parar ou pararse.
-
s
f
-
Lugar ou sitio onde se para.
-
Hostal de camiño público na Idade Media.
-
-
s
f
-
Lugar onde para ou pode parar un vehículo de transporte público para deixar baixar ou recoller os pasaxeiros.
Sinónimos: paraxe. -
Lugar que se destina ao estacionamento de vehículos de aluguer ou taxis.
-
-
s
f
Lugar que se destina para que os machos monten as femias.
-
s
f
[BEL]
-
Formación da tropa que está para entrar de garda.
-
Formación da tropa que intervén nun acto militar despois de serlle pasada a revista.
-
Acción de desfilar.
-
-
parada nupcial
[ZOOL]
Conxunto de actitudes e emisións sonoras (xeralmente vocais) que preceden ao apareamento ou á formación da parella. As paradas nupciais teñen como finalidade favorecer o recoñecemento dos individuos e evitar equívocos en canto ao sexo ou á especie, reducir a agresividade, estimular e sincronizar as funcións dos órganos sexuais para que o apareamento teña éxito e delimitar o territorio. Xeralmente, limítanse a emisións sonoras e algúns movementos ritualizados e, sobre todo entre os paxaros, consiste na exhibición por parte do macho de sons, cores ou cheiros distintivos. Noutros casos -especialmente en moitos insectos, peixes e nos paxaros sen dimorfismo sexual marcado ou ben semellantes a especies próximas- a parada denomínase danza nupcial, porque os movementos rituais son moito máis numerosos e complexos e ambos os dous sexos participan activamente.