Parada de Amoeiro, pazo de

Parada de Amoeiro, pazo de

Construción situada en Parada de Amoeiro (Amoeiro). Trátase dun edificio de grandes dimensións e con dúas plantas en forma de L. Situado nun terreo con pendente descendente, destaca a fachada sur cunha solaina cun longo tramo corrido sobre trece columnas e unha balaustrada de granito. Conta cun patio que discorre paralelo ao lado máis longo. A parte máis curta do L remata na súa parte máis exterior nunha torre cun balcón. Nos arredores sitúanse construcións de uso agrícola e un hórreo.