paralelogramo
(
-
s
m
[MAT]
Cuadrilátero que ten os lados opostos paralelos e, por tanto, iguais. As diagonais dun paralelogramo córtanse no seu punto medio, denominado centro do paralelogramo. Se un paralelogramo ten os catro lados iguais, denomínase rombo. Se os catro lados son perpendiculares, denomínase rectángulo. Os paralelogramos que son rombos e rectángulos denomínanse cadrados. A área dun paralelogramo resulta de multiplicar a lonxitude dun lado, que se denomina base, pola distancia que o separa do seu paralelo, denominada altura.
-
regra do paralelogramo
[MAT]
Regra práctica para sumar graficamente vectores, segundo a que a suma a + b de dous vectores a e b, non paralelos e con orixe común, é o vector que ten a mesma orixe común e que se determina pola diagonal correspondente do paralelogramo que os vectores a e b determinan.