paraninfo

paraninfo

(< lat paranymphus < grπαράνυμφος < grπαρά ‘ao lado de’ + νύμφη ‘noiva’)

  1. s m [HIST]
    1. Persoa, amiga do noivo, que na Antigüidade ía buscar a noiva á casa de seus pais para levarlla ao noivo.

    2. Persoa que apadriñaba un casamento.

  2. s m
    1. [HIST]

      Persoa que anunciaba o comezo do curso nas universidades e que estimulaba ao estudo cunha oración retórica.

    2. [EDUC]

      Salón dalgunhas universidades ou doutros centros de ensino en que se inaugura o novo curso ou se realizan outros actos que revisten carácter solemne.

Palabras veciñas

parangón | parangona | parangonar | paraninfo | paraño | Paraño, alto do | Paraño, serrón de