paranoia

paranoia

(< grπαράνοια)

s f [PSIC/PAT]

Doenza psiquiátrica que se caracteriza pola presentación de ideas delirantes secundarias, sistematizadas, irrebatibles pola argumentación lóxica, que aparece como consecuencia dunha predisposición constitucional e que está relacionada coas vivencias do suxeito. Este conserva íntegras a intelixencia, a memoria, a lucidez de pensamento e a capacidade de xuízo e de raciocinio, sempre que a súa aplicación non afecte ao tema do delirio.