paratrama
paratrama
(< 2 parar+ trama)
s
m
[TÉXT]
Mecanismo do tear mecánico que o para automaticamente ao atrancarse ou acabarse a trama contida na lanzadeira. Pode ser lateral ou central. O paratrama lateral actúa cada dúas pasadas e emprégase en teares estreitos sen cambio de caixas de lanzadeiras ou con cambio de caixas unilateral. O paratrama central actúa en cada pasada e emprégase en teares amplos ou con caixas de lanzadeira en cada lado.