paraurdido

paraurdido

(< 2 parar+ urdido)

s m [TÉXT]

Mecanismo que para o tear mecánico cando rompe un fío do urdido. Está formado por tantas láminas metálicas como fíos hai, que van dispostas en diversas ringleiras mediante unhas barras que pasan por unha fenda que hai na súa parte superior. Cada fío pasa polo ollo da lámina se esta está pechada, pero se está aberta, a lámina desprázase sobre o fío. Mentres o fío está enteiro sostén a correspondente lámina, pero cando rompe, esta cae e provoca a parada do tear.

Palabras veciñas

paraugueiro -ra | parauguería | paraulata | paraurdido | paravane* | Paravella | paravertebral