paridade

paridade

(< lat paritāte)

  1. s f

    Igualdade ou semellanza entre dous termos ou dous graos.

  2. s f

    Comparación dunha cousa con outra por exemplo ou símil.

  3. s f [ECON]

    Cantidade de ouro fino que equivale a unha unidade monetaria. A paridade de cada moeda vén fixada polo goberno de cada país e equivale ao seu tipo de cambio, é dicir, o prezo dunha moeda en termos doutra. O convenio constitutivo do Fondo Monetario Internacional obrigou os gobernos a fixar unha paridade da súa divisa en ouro ou en dólares EE UU tendo en conta o peso e lei vixentes o 1 de xullo de 1944. Teoricamente, un país só pode modificar a paridade da súa moeda se ten un desequilibrio fundamental na súa balanza de pagamentos e despois de consultalo co FMI.

  4. s f [MAT/FÍS]

    Transformación lineal definida nun espazo calquera tal que a cada punto x do espazo se lle asigna o punto -x. A invariancia dos fenómenos físicos baixo a transformación da paridade foi aceptada ata 1955, cando Lee e Yang fixeron notar que non había evidencia experimental nas desintegracións nucleares beta e noutras interaccións febles.

  5. s f [MAT]

    Calidade dunha función par ou impar.

  6. s f [FÍS]

    Propiedade ligada á descrición cuántica ou función de onda dunha partícula ou dun sistema de partículas elementais. A paridade dun sistema illado é constante e non cambia nunha transformación interna.

Palabras veciñas

1 parias | 2 parias | parida | paridade | parideira | paridixitado -da | párido -da