Parkinson, enfermidade
Parkinson, enfermidade
[PAT]
Enfermidade de etioloxía descoñecida, que adoita aparecer en idades avanzadas por culpa de lesións dexenerativas de certas áreas neuronais da base cerebral. Caracterízase por unha rixidez muscular e unha hipertonía extrapiramidal, perda dos movementos automáticos primarios, tremor, palilalia, ptialismo e labilidade emocional. O curso é crónico e progresivo. Foi descrita por James Parkinson.