parolímpico -ca
(< par- + olímpico)
-
adx
Relativo ou pertencente aos xogos parolímpicos.
-
xogos parolímpicos
Competicións deportivas que, cunha idea semellante á dos xogos olímpicos, son realizadas por deportistas con discapacidades físicas ou psíquicas. Teñen orixe nos xogos deportivos para mutilados de guerra organizados por sir Ludwig Guttmann desde 1948 en Reino Unido. Celebrados por primeira vez en Roma (1960), adoitan coincidir co ano e lugar de celebración dos xogos olímpicos. Adaptados ás condicións dos incapacitados, neles dispútanse probas de atletismo, baloncesto, ciclismo, esgrima, fútbol-7, fútbol sala, judo, halterofilia, hípica, natación, rugby, tenis en cadeira de rodas, tenis de mesa, tiro con arco, tiro olímpico, vela, voleibol e, como deportes exclusivamente parolímpicos, o goalball e a boccia. En 1976 tiveron lugar en Ornskoldsvik (Noruega) os primeiros xogos parolímpicos de inverno. OBS: Tamén se denomina parolimpíada.