parotidite

parotidite

(

s f [PAT]

Inflamación aguda ou crónica da parótide. Poden ser primitivas ou secundarias. A máis importante das primitivas é a parotidite aguda epidémica ou papeiras, producida por un mixovirus e caracterizada por febre, síntomas xerais de infección e tumefacción da glándula. OBS: Tamén se denomina orellóns, papeiras, pezorellos.

Palabras veciñas

parótico -ca | parótide | parotidiano -na | parotidite | paroxismal | paroxismo | paroxístico -ca