Parpalló, Grupo
Parpalló, Grupo
Grupo valenciano de artistas de vangarda formado en 1957. Foi o primeiro foco de introdución do informalismo en València e, ao igual que os demais grupos artísticos da posguerra, naceu coa intención de conectar a creación artística valenciana co panorama internacional. Entre 1960 e 1964 o grupo perdeu a súa cohesión debido ás diferentes traxectorias artísticas dos seus integrantes. Dos seus membros destacaron Manuel Gil, Salvador Sòria, Monjalés, Eusebi Sempere, Isidoro Balaguer e Andreu Alfaro e o galego Xosé María de Labra. Editou a revista Arte Vivo (1957-1961).