parra

parra

(

  1. s f

    Cepa coas videiras elevadas, que se estenden apoiadas en soportes.

    Sinónimos: bacelar.
  2. s f
    1. Armazón feita de arame, paus ou outro material, que serve para soster unha cepa ou calquera planta rubideira.

      Sinónimos: alparrada.
    2. Conxunto formado pola armazón e a planta.

      Sinónimos: alparrada.
  3. parra virxe

    Planta de ata 30 m, que posúe follas palmatisectas, con foliolos elípticos e serrados, flores pequenas dispostas en acios e de cor verdosa e con froito de tipo baga. É orixinaria de EE UU e cultívase como planta ornamental.

Frases feitas

  • Moita parra e pouca uva. Ser todo aparencia.