Párraga
Párraga
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae como armas escudo axadrezado, en campo de prata e sable. Outra variante trae en campo de prata, sete dados, de sable, colocados en tres paus, con tres no centro. Outra trae, en escudo cuartelado: primeira e cuarta partición, en campo de sinople, unha flor de lis, de ouro, e nos catro ángulos, unha estrela do mesmo metal, e segunda e terceira, en campo de sinople, un grifón, de ouro.