parzaría

parzaría

(

s f

Forma de arrendamento realizado entre dúas partes que supón a cesión ou dominio útil dunha propiedade a cambio dunha renda representada nunha parte da colleita. Afecta a bens vinculados ao casal aínda que tamén a barcos, colmeas, gando e todo tipo de bens. É un contrato verbal a longo prazo que xeralmente afecta a varias xeracións. O canon é fixo e o convenio remata coa advertencia por unha das dúas partes antes dun ano e, en caso de que o propietario venda as posesións, o parceiro ten opción preferente de compra.

Sinónimos

Palabras veciñas

párvulo -la | Parvus | Parxubeira, mina da | parzaría | PAS | PAS, método do | Pas-de-Calais