Pasargada
Pasargada
Antiga cidade de Irán meridional situada a 131 km de Shīrāz. Habitada nos milenios IV e II a C, non adquiriu importancia ata que Ciro II de Persia (559-529 a C) a converteu na súa capital. Coa fundación de Persépolis por Darío I (421-486 a C), comezou a decaer. Consérvase a tumba de Ciro, o palacio das audiencias, o plano do palacio real e o denominado trono de Salomón.