pasquín
pasquín
(< antropónimo Pasquino)
-
s
m
[POLÍT/HIST]
Escrito anónimo que se coloca nun lugar público, con expresións satíricas contra o goberno, unha institución ou un personaxe. O nome procede dun torso escultórico mutilado encargado en 1501 polo cardeal Oliviero Carafa, coñecido co nome de Pasquino. Anualmente púñanse nel epigramas alusivos a este que despois ían ser publicados. Posteriormente pasou a ser o receptáculo de alusións satíricas anónimas, en italiano, contra os papas e a política vaticana. Os pasquíns políticos xeneralizáronse sobre todo a partir da fin do s XVIII, despois da Revolución Francesa.
-
s
m
Bando, proclama ou cartel impreso que se coloca en lugares públicos.