pasta

pasta

(< lat pasta)

    1. s f

      Masa branda formada por unha substancia sólida, moída ou pulverizada, mesturada con auga ou calquera outro líquido.

      Ex: Fixo unha pasta con galletas e manteiga. Fabrican pasta de papel.

    2. s f

      Masa feita con fariña e auga que se emprega en alimentación.

    3. pasta de chocolate

      Masa feita con cacao descascado moído e mesturado con azucre.

    4. pasta de guaraná

      Pasta desecada preparada con sementes da árbore Paullinia cupana, rica en cafeína. Emprégase en América do Sur para facer unha bebida semellante ao cacao.

  1. s f

    Produto obtido por desecación dunha masa non fermentada feita con fariña, sémolas de trigo duro ou candeal, e auga (con sal ou sen el) e amoldada mecanicamente segundo formas moi diversas (macarróns, fideos, espaguetis, canelóns, etc). As mellores calidades elabóranse con sémolas de trigo duro. Prepáranse frescas (cun máximo do 20% de auga), que teñen que ser consumidas en 24 horas, e secas (con menos do 14% de auga), de longa conservación. Teñen que ter un brillo e unha cor amarela características, non se poden quebrar nin partir, e para a ebulición en auga teñen que converterse nunha masa elástica sen disgregarse. As pastas alimentarias compostas levan glute, ovos, leite, carnes, graxas, hortalizas e verduras, que ás veces se substitúen ou se complementan con fariñas de leguminosas.

  2. s f

    Pastel pequeno, feito con pasta de fariña, azucre, graxa, ou froita seca e aromas, cocida no forno e recuberta con chocolate, froitas ou outros ingredientes.

    Ex: Tomaron té con pastas.

  3. s f
    1. Encadernación feita con cartón recuberto de pel ou de pergameo.

    2. Cuberta dunha encadernación que soe ser de material duro e que constitúe a primeira e a última folla.

  4. s f [MED]

    Preparación semisólida, de máis consistencia ca as pomadas polo seu alto contido de sólidos. As pastas graxas aplícanse sobre a pel. A máis coñecida é a pasta Lassar, a base de óxido de cinc e amidón. As de base acuosa ou glicérica forman o constituínte básico das pastas dentífricas.

  5. s f

    Conxunto de billetes ou moedas que se utilizan para mercar cousas.