2 patín
(
-
s
m
Aparato que se fixa á sola do calzado, provisto dunha folla metálica vertical ou de rodas, que se emprega para escorregar sobre o xeo ou sobre unha superficie lisa.
-
[AERON]
-
s
m
Cada unha das pezas, xeralmente metálicas e especialmente resistentes, que, fixadas á parte inferior da fuselaxe dalgúns avións militares ou dalgunhas avionetas e planadores con tren de aterraxe non formado por rodas, permiten aterrar en terreos accidentados.
-
patín de cola
Peza metálica fixada á parte inferoposterior da fuselaxe dalgunhas avionetas non provistas de rodas de aterraxe na cola que se desliza por terra na fase final da aterraxe.
-
s
m
-
[MAR]
-
s
m
Embarcación que consiste en dous flotadores paralelos, xeralmente de madeira, unidos por dous ou máis traveseiros, impulsada por un ou máis remos de dobre pa, e empregada para paseos pola auga ou en competicións deportivas.
-
patín de pedais
Embarcación semellante a un patín pero propulsada por unhas pequenas paletas accionadas por pedais.
-
patín de vela
Patín provisto dunha vela, en substitución do remo dobre como sistema de propulsión, desprovisto de temón e gobernado polo corpo do tripulante ao cambiar este de posición. O seu peso é inferior a 100 kg.
-
s
m
-
s
m
[TECNOL]
Peza soldada a unha cremalleira ou a unha cruceta que, nos motores de combustión interna de cruceta ou nas máquinas de vapor alternativas, esvara sobre a superficie doutra peza.