patoloxía

patoloxía

(

  1. s f [MED]

    Rama das ciencias biolóxicas e da medicina que estuda as causas das enfermidades e a fisioloxía dos organismos que as padecen. Subdivídese en varias ramas: a patoloxía clínica, a médica ou interna, a cirúrxica ou externa, e a comparada ou experimental. Fálase tamén de patoloxía xeral para referirse aos estados patolóxicos das diversas enfermidades en diferentes órganos.

  2. s f [PAT]

    Conxunto de síntomas dunha enfermidade.

Palabras veciñas

patografía | patois* | patólogo -ga | patoloxía | patolóxico -ca | patometría | patomimia