patricio -cia

patricio -cia

(< lat patricĭu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos patricios.

  2. s [HIST]

    Membro da clase dominante romana que, como nobre, gozaba de todos os dereitos e privilexios na Antigüidade. Constituíron unha caste social pechada, contraria a calquera tipo de innovación que puidese ameazar os seus privilexios. Posuíron durante moito tempo a exclusividade do exercicio das maxistraturas e dos cargos sacerdotais e ata a promulgación da Lex Canuleia, tiveron prohibido contraer matrimonio con membros doutra clase social. Por todo iso, enfrontáronse cos plebeos ata a chegada da República (cando a plebe conseguiu acceder ao Senado) e, máis tarde, baixo o goberno dos emperadores, que adquiriron a potestade de elevar os plebeos ao rango de patricios.

  3. s

    Persoa que, polo seu nacemento, ou ben por outras virtudes, sobresae entre os seus concidadáns.