patrulla

patrulla

(< patrullar)

  1. s f [BEL]
    1. Grupo de soldados de número reducido que se destaca do groso das tropas en misión de recoñecemento, seguridade, vixilancia ou enlace.

    2. Grupo reducido de barcos ou avións que fan servizo nunha costa ou nunha determinada zona de mar para a defensa contra ataques submariños ou aéreos, ou para observacións meteorolóxicas.

  2. s f

    Servizo que presta unha patrulla.

    Ex: Os policias saíron de patrulla.

  3. s f

    Grupo reducido de persoas que se organizan para realizar unha determinada cousa.

    Ex: Os veciños organizaron unha patrulla para vixiar de noite.

Palabras veciñas

patronímico -ca | patrucial | patrucio | patrulla | patrullar | patrulleiro -ra | Pattani