patuda

patuda

(

Nome científico: [Himantopus himantopus, Fam dos recurvirróstridos]
s f [ANIMAL/ORNIT]

Ave limícola de 38 cm de lonxitude; ten longas patas vermellas de ata 23 cm de lonxitude, a plumaxe do corpo é branca, excepto no dorso e as ás, que son totalmente negras no macho e pardas na femia. Viven en marismas e esteiros, onde se alimentan de pequenos invertebrados, peixes e materia vexetal. En España é unha ave estival, pero non aniña no norte, e en Galicia a súa presenza é como ave de paso.