paulino -na
paulino -na
(< antropónimo san Paulo)
-
adx
Relativo ou pertencente aos paulinos.
-
s
[RELIX]
Membro da Sociedade de San Paulo, fundada en Alba (Piemonte) en 1914 polo beato Santiago Alberioni e aprobada polo Papa Pío XII en 1947. Ten como fin específico a evanxelización a través dos medios de comunicación. O principal apostolado lévao a rama feminina, que ten librarías e centros de difusión en moitas cidades de Italia, España e América Latina.