Pavlov, experimento de
Pavlov, experimento de
[FISIOL]
Investigación clásica de I. P. Pavlov que consiste en illar cirurxicamente un fragmento da mucosa do estómago dos animais, que vai empregar na experimentación, para conservar as relacións vasculares e nerviosas, pero recollendo á parte o produto da secreción das glándulas salivares. Así, pódese comprobar a composición e a cantidade de zume gástrico en relación cos estímulos psíquicos que lles foron inducidos a ese animal.