pavón
(< pavo)
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Paxaro da orde das galiformes, de marcado dimorfismo sexual, con machos que miden de 100 a 125 cm (sen contar a falsa cola, formada polas supracaudais) e con cabeza, pescozo e peito de cor azul metálica, as partes superiores grisáceas con raias escuras e as ás e o resto do corpo de cor castaña escura; presentan un penacho na cabeza; as supracaudais poden medir 150 cm, son dunha gran beleza e poden ser despregadas como un abano durante as exhibicións nupciais. As femias son de plumaxe inconspicua, teñen o penacho da cabeza máis reducido e as súas supracaudais son de dimensións normais. É orixinario de Sri Lanka e do S de India. En Galicia, a súa presenza limítase a parques e xardíns públicos e privados, como ave decorativa.
-
[ANIMAL/ENTOM]
-
s
m
Insecto lepidóptero, da familia dos satúrnidos e dos linfálidos, que pertence aos xéneros Saturnia, Inachis e Pavonia.
-
pavón diúrno [Inachis io, Fam dos ninfálidos]
Insecto da orde dos lepidópteros que chega a ter como máximo 60 mm e presenta unhas ás de cor vermella ferruxinosa con bordos grises amarelentos, que lle permiten efectuar un voo rápido.
-
pavón nocturno [Saturnia pyri, Fam dos satúrnidos]
Insecto da orde dos lepidópteros que ten unha envergadura de 120 a 130 mm, o corpo e as ás dunha cor castaña ou gris, e presenta manchas ocelares nas ás. As larvas, fitófagas, prexudican as pereiras e outras árbores froiteiras.
-
pavón nocturno [Pavonia pavonia, Fam dos satúrnidos]
Insecto da orde dos lepidópteros que alcanza entre os 50 e os 80 mm de envergadura. As ás anteriores teñen ocelos situados dentro dunha mancha branca.
-
s
m
-
s
m
[IND]
Capa moi fina de sulfuros e cloruros metálicos, de cor azulada, con que se revisten as superficies de metais ferrosos para que non enferruxen.