paxaro

paxaro

(

  1. [ANIMAL/ORNIT]
    1. s m

      Animal vertebrado, da clase das aves, que ten o corpo de pequeno tamaño.

    2. paxaro bobo

      Pingüín que habita no Hemisferio Sur, como o pingüín emperador.

    3. paxaro carpinteiro

      1 peto.

    4. paxaro da chuvia

      lagarteiro peneireiro.

    5. paxaro lira

      Nome que reciben dúas especies de paxaros da familia dos menúridos, da orde dos paseriformes. M. novaehollandiae é de cor marrón cincenta e avermellada nas ás, e os machos presentan unha cola de 60 cm coas dúas rectrices externas máis amplas e curvadas en forma de lira. M. alberti é de cor máis avermellada e a cola non ten forma de lira. Ambas as dúas especies habitan nas selvas orientais de Australia.

    6. paxaro moscón [Remiz pendulinus, Fam dos páridos]

      Ave da orde dos paseriformes, de 11 cm, que ten as partes superiores de cor castaña, a cabeza e o pescozo de cor branca agrisada, cunha liña negra na cara desde detrás de cada ollo, e as partes inferiores de cor branca ocre. Habita en lugares pantanosos, nas beiras dos regatos e encoros, no centro e no L da Península Ibérica, en Camarga, Italia, Sicilia e Europa Oriental.

  2. s m

    Individuo astuto.

    Ex: Ese é un paxaro de moito coidado.

Frases feitas

  • A primeira vai para os paxaros. Expresión que se emprega cando alguén perde o primeiro xogo, en certos xogos como as cartas, para indicar que o que conta é acabar gañando.

Refráns

  • A cada paxariño gústalle o seu niño.
  • A cada paxariño parécelle ben o seu niño.
  • Ave de culler non fai máis que comer.
  • Ave de paso ¡fungueirazo!
  • Ave de pico non fai ao dono rico.
  • Ave de pluma non deixes ningunha.
  • Ave que se muda, en cada sitio deixa unha pluma.
  • Ave que voa para a cazola é boa.
  • Catro aves voadoras son as que pasan o mar: a andoriña e mailo cuco, a rula e o paspallás.
  • Gaiola feita, paxaro morto.
  • Mal lle vai ao paxariño que anda nas mans do meniño.
  • O ruín paxariño logo descobre o seu niño.
  • Paxariño solto, paxariño morto.
  • Se o día da Ascensión a paxariña abala os ovos, quédanlle grolos.
  • Se. ves masca tos voar, busca sardiñas no mar.
  • Tal o paxariño, tal o niño.
  • Tódalas aves, cos seus pares.
  • ¡Malia a paxara que no niño caga!

Palabras veciñas

Paxariña, A | paxariñada | paxariños | paxaro | paxarola | Paxaros, Os | 1 paxe