Pazo, casa do
Pazo, casa do
Construción situada en Adelán (Alfoz). Conta cunha planta en forma de L, formada por unha torre de tres andares no ángulo e dous corpos engadidos. A fábrica é de cachotaría de granito. Ten un patín de pedra orientado ao poñente. O seu terreo, antigamente rodeado por unha muralla, delimítase polas pistas rurais que o atravesan.