PCR

PCR
[XEN]

Técnica de bioloxía molecular, desenvolvida en 1986 polo investigador Kary Mullis, que permite obter un gran número de copias dun fragmento específico de ADN, partindo, en teoría, dunha única copia dese fragmento. Esta técnica fundaméntase na propiedade natural das ADN polimerases para facer copias de ADN, e cómpre para que teña lugar a presenza do fragmento de ADN que se quere amplificar, cebadores, ADN polimerases, deoxinucleósidos trifosfato e cloruro de magnesio. A PCR ten lugar en tres pasos principais que constitúen un ciclo; en cada un deles obtense o dobre de copias do fragmento desexado. É unha técnica que se emprega non só en investigación (secuenciación do xenoma humano e doutros xenomas), senón tamén en casos de identificación de parentescos ou no diagnóstico clínico, tanto no diagnóstico da presenza ou ausencia de determinados axentes infecciosos como no diagnóstico de determinadas enfermidades. A sensibilidade da PCR é moi alta, aínda que non é cuantitativa, polo que acabou por se desenvolver a PCR cuantitativa.

Palabras veciñas

PCM | PCOE | PCP | PCR | PCUS | Pd | PDC