Peak Distrit
Peak Distrit
Parte meridional da cadea Penina, situada ao N do condado de Derby, Inglaterra. Litoloxicamente está composta de rochas calcarias e areosas e domina a vexetación de landa. É Parque Nacional desde 1951.