pebida

pebida

(

  1. s f

    Semente de diversos froitos ou froitas.

    Ex: Quítalle as pebidas ao melón antes de comelo.

    Sinónimos: píbeda.
  2. s f

    Anaco pequeno de ouro ou doutros metais nativos, que adoita atoparse en terreos de aluvión.

    Sinónimos: píbeda.
  3. s f [VETER]

    Tumor debaixo da lingua da galiña que lle impide comer e cacarexar, e que pode chegar a asfixiala. Na tradición oral recóllense ditos como: “Viva a galiña coa súa pebida”.

    Sinónimos: mormo, píbeda, moquillo.
  4. s f

    Extremo que sobresae do eixe do carro, que se axusta ao mión.

    Sinónimos: píbeda.

Formas incorrectas

pepita

Palabras veciñas

Peary, Robert Edwin | peaxe | pebble culture* | pebida | pebideiro | pebrina | Pebsa