Pedra da Xesta, dolmen de

Pedra da Xesta, dolmen de

Dolmen situado en Cures (Boiro). Trátase dunha pequena cista de planta rectangular constituída por seis lousas chantadas, cunhas dimensións aproximadas de 2 m de lonxitude, 90 cm de anchura e 90 cm de altura. Consérvanse restos do anel pétreo e da coiraza que a cubrirían.