pegmatita

pegmatita

(

s f [XEOL]

Rocha eruptiva filoniana de orixe hidrotermal. Preséntase asociada case sempre ao granito, xa que é o resultado da cristalización fraccionada do magma. As pegmatitas graníticas están formadas por cuarzos e feldespatos alcalinos, case sempre con moscovita e, ás veces, tamén con biotita. Algunhas conteñen elementos raros e minerais pouco correntes.

Palabras veciñas

Pegaso | Pegasus | pegellera | pegmatita | pegmatítico -ca | 1 pego | Pego