peitoral

peitoral

(< lat pectorāle)

  1. [ANAT]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao tórax, ao peito ou á cintura escapular.

      Sinónimos: pectoral.
    2. peitoral maior

      Músculo par, amplo e triangular, situado na parte anterosuperior do tórax. É adutor do brazo e inspiratorio.

    3. peitoral menor

      Músculo situado baixo o peitoral maior, que se insire entre as primeiras costelas e a apófise coracoide. É depresor e adutor do músculo.

  2. adx e s m [MED]

    Aplícase ás preparacións farmacéuticas cunha acción medicamentosa que consiste en aumentar ou fluidificar a secreción bronquial e facilitar, polo tanto, a súa expulsión pola tose.

    Sinónimos: expectorante, pectoral.
  3. s m
    1. [RELIX]

      Cruz de ouro ou de prata, a miúdo con pedras preciosas encastadas, que os bispos e outros prelados levan colgada cun cordón ou cadea sobre o peito.

      Sinónimos: pectoral.
    2. Peza de ourivaría ou de tea bordada, a miúdo gornecida con pedraría, utilizada na Antigüidade polos faraóns, polos grandes sacerdotes hebreos ou por outras xerarquías relixiosas.

      Sinónimos: pectoral.
    3. Xoia de forma cuadrangular utilizada antigamente para suxeitar a capa sobre o peito.

      Sinónimos: pectoral.