película

película

(< lat pellicŭla)

  1. s f

    Pel ou membrana moi fina.

  2. s f

    Capa moi fina que recobre ou se forma nunha superficie.

    Ex: Aplicáronlle unha película de verniz á madeira. Formárase unha fina película por enriba do caldo.

  3. [IMAX]
    1. s f

      Material fotográfico, presentado en forma de fita ou folla, constituído por unha base ou soporte de material flexible, transparente e resistente, recuberto dunha emulsión fotosensible na que se impresionan imaxes fotográficas ou cinematográficas.

      Sinónimos: filme.
    2. s f

      Cargador, rodete, bobina ou calquera recipiente que conteña película virxe ou xa impresionada.

    3. película instantánea separable

      Película que se retira da cámara como dúas láminas separables, que proporciona unha imaxe positiva e outra negativa.

    4. película luz de día

      Película de cor preparada para o uso durante o día a plena luz e con flash.

    5. película negativa

      Película impresionada e revelada na que os tons escuros e claros son inversos aos da realidade que ten impresionada.

    6. película positiva

      Película impresionada e revelada que foi sometida a unha positivación e que inverte os tons da película negativa restituíndo os da realidade.

    7. película rápida

      Película moi sensible á luz, cun número ISO ou ASA alto. A calidade da imaxe non é tan boa como nas películas lentas.

    8. película reversible

      Película que proporciona negativos e copias.

  4. s f

    Obra cinematográfica.

    Ex: Fomos ver unha película de vaqueiros ao cine.

    Sinónimos: filme.
  5. película dosimétrica [FÍS]

    Dosímetro fotográfico consistente nunha emulsión sensible ás radiacións.