pelletización

pelletización

(< pellet)

s f [IND]

Procedemento que consiste en aglomerar en forma de pequenas esferas (de 1 cm de diámetro aproximadamente) pequenos gránulos dun material (inferiores a 0,2 mm de diámetro), despois de humedecelos e mesturalos cun aglutinante e sometelos a un proceso de sinterización. Emprégase na metalurxia do ferro para preparar o mineral que se introduce en altos fornos, para preparar as barras de combustible nuclear, etc.