Pelouro, O

Pelouro, O

  Escola singular de integración pioneira en España. Fundada en Caldelas de Tui en 1973 pola pedagoga terapeuta Teresa Ubeira Santoro e polo psiquiatra Juan Rodríguez de Llauder Riesco, constitúese como un modelo de escolarización, na diversidade, baseado no paradigma sociocrítico e realista de pedagoxía interactiva-intersectiva. Escolariza nenos de 0 a 16 anos, sen ou con dificultades específicas de aprendizaxe, en práctica de función dinámica (investigación-acción), e realízase unha aprendizaxe socialmente significativa. Trabállase de forma interdisciplinar, en función das motivacións e centros de interese dos alumnos, eliminando os horarios, as disciplinas, os grupos e as actividades fixas, xa que toda planificación está en función dos desexos, necesidades, intereses e curiosidades do alumnado e das propostas do profesorado. O alumno participa activamente no seu propio proceso de aprendizaxe, xa que este persegue o desenvolvemento integral a través da acción do neno. Os espazos escolares son lugares de acción, de actividade, aínda que non necesariamente manual, e sempre en interacción co pensamento e aprendizaxe conceptuais e o crecemento da propia persoa. A estrutura orixinal da escola ampliouse co Complexo O Pelouro Axeito (accésit do Premio Agader 2003) para a formación de nenos e mozos maiores de 17 anos, que inclúe a Abadía do Pelouro   (Premio Europa Nostra 1997) e a Factoría Obradoiros Produtivos Artellados.

Palabras veciñas

Peloureiro | pelouriño | pelouro | Pelouro, O | Pelouros | Pelouze, Théophile Jules | pelta